domingo, 31 de outubro de 2021

CREANDO MONSTROS EN 5 ANOS

 Estas dúas últimas sesións de arte as adicamos a crear os nosos monstros, dado que a semana do Samaín se achegaba.


Nunha primeira sesión creamos o fondo, que se convertiría na cara do mosntro. Con rotuladores negros trazamos liñas de todo tipo, rectas, onduladas, en pico...e despois pintamos con témperas de cores cada espazo creado entre as liñas.







Nunha seguinte sesión, cos cadros xa secos, recortados e pegados nunha cartolina, debuxamos en folios partes da cara: ollos, cornos, orellas, bocas, narices...., as recortamos e as pegamos apra montar a cara do noso monstro.








E así de xeitosos nos quedarons!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTRADAS