xoves, 30 de maio de 2019

Estreamos o espazo Radio Pirata falando de Antón Fraguas



Este martes tivemos a oportunidade de convertirnos en "locutores" da nosa propia radio, Radio Pirata, que está empezando a funcionar, despois dun tempo de descanso.

Anteriormente recitáramos para a radio un poema, "Bicos", e nesta ocasión nós mesmos fixemos de locutores, atentos ás consignas da profe María, que se converteu na técnico de son, e nos avisaba de cando debiamos comezar, cando parar e cando repetir a nosa intervención.




A nosa intervención foi sobre a biografía de Antón Fraguas, o homenaxeado este ano, polas Letras Galegas, na que tamén participaron os compañeiros /as de 3 e 4 anos.









Podedes escoitarnos, premendo na seguinte fotografía.



En semanas anteriores, averiguamos algunhas cousiñas sobre a súa vida, e o ilustramos para un mural





De todas estas ilustracións e as voces de todos os nenos/as de infantil, está composto o seguinte video.




mércores, 29 de maio de 2019

Sementando- visita á horta



Hai unhas semanas demos unha volta pola horta da escola, que os compañeiros de 2º se están encargando de "traballar",  cultivando algúns froitos e hortalizas.



Ali descubrimos que cultivaran fresas, cebolas e leitugas.

Nós na clase hai tempo sementáramos no obradoiro de compostaxe unhas alubias pero non deron xerminado así que un tempo despois volvimos a sementalas nos mesmos envases.


E nesta ocasión sí houbo cambios e puidemos observar o proceso de xerminación dunha semente.





Ademáis o noso compañeiro Alejandro trouxo unhas sementes de "albahaca" e as prantamos tamén, xunto con tres prantas da fresa, que trouxo a profe.



Na maceta rectangular as tres prantas da fresa





E na redonda as sementes de albahaca.




Neste recanto as temos todas, xunto coas landras de hai meses e  desexamos que neste mes que queda, poidamos observar moitos más cambios!!



martes, 28 de maio de 2019

Alejandro quere ser....... de maior......



Despois de Ariadna levou o libro viaxeiro ALEJANDRO  e él contounos que de maior gustaríalle ser.... POLICÍA  E  CONSTRUCTOR.


Alejandro quere ser policía para axudar á xente e atrapar aos malos e tamén lle encanta construir, todo tipo de construccións, e por iso lle gustaría adicarse a isto. Polo momento no recanto das construccións se desenvolve xenial coas súas creacións...así que de seguro que de maior o conseguirá tamén.




O seu nome ten moitas letras pero os compañeiros dixeron un montón de cousas sobre él coas que puidemos confeccionar o acróstico.

sábado, 25 de maio de 2019

Cumpreanos de Álvaro



Este venres 24 estivo de aniversario Álvaro.





Álvaro sopropu a candea do número 6 todo orgulloso  e logo compartiu con nós unha rica tarta!!





Parabéns Álvaro e que cumpras moitos máis!!!!

xoves, 23 de maio de 2019

Visita museo-Migallas



Este martes 21 asistimos a unha actuación do grupo Migallas, no museo de Pontevedra.








Alí nos organizaron por idades, e como nós somos os maiores, esperamos ao final para entrar e colocarnos no pequeno auditorio do museo.








Desfrutamos dun exlecente espectáculo que misturaba a música, o teatro e a tradición oral, con cancións como: "O piollo  a pulga", "Miña abuela Manuela", "Pan de Millo"...


mércores, 22 de maio de 2019

É o turno de ARIADNA....cal será a súa profesión?



A seguinte en contarnos foi ARIADNA, que de maior quere ser ESTETICIEN.


Ela contounos que lle encanta maquillar e a todo o que pilla por diante o deixa guapísimo, incluida pintura de unllas.

Os compañeiros falaron de ela, de todo o que lle gusta, o que se lla dá ben, e no seu acróstico deixamos reflexada algunha das súas características e cualidades.





xoves, 16 de maio de 2019

SAÍDA A MERCADO E CASCO VELLO DE PONTEVEDRA


Este  mércores 15 a nosa aula asistiu a unha visita ao mercado de Pontevedra.

Como a visita non era ata as 12 da mañá e tiñamos tempo de sobra (xa que compartíramos autobús cos compañeiros de 3º), demos un paseo polo caso vello da cidade, deténdonos nalgunhas prazas coñecidas da cidade



para finalmente deternos na praza da Ferrería, a retratar a paisaxe.



Despois desta actiidade, achegámonos a un parque que está moi preto do mercado, onde merendamos e xogamos ata a hora da visita.





Xa no mercado, saudamos á nai de Gema, que estaba alí no seu posto de flores


e fomos recibidos polas monitoras, que nos ensinaron algúns dos postos do mercado e  nos presentaron a algún/unhas das vendedores/as 





Podedes ver fotos da visita premendo na seguinte imaxe.



ENTRADAS