sábado, 22 de decembro de 2018

Despedimos o trimestre cunha panxoliña de Nadal e unha rica chocolatada!





Hai un par de semanas, xa inmersos no ambiente navideño, comezamos a preparar unha panxoliña de Nadal, que iríamos a cantar a dúas aulas do colexio. Todos os nenos de todas as clases farían o mesmo. Así que a profe propúxonos  dúas, as vimos e escoitamos na pizarra dixital e eliximos.



Como se trataba dunha panxoliña decidimos cantala sen música de fondo e dramatizándoa un pouco.
Finalmente, no cole se decidiu que mellor as cantaríamos todos xuntos, para todos e así fixemos o venres 21 para despedirnos.
Pinchade na seguinte foto para escoitar a nosa panxoliña.




https://youtu.be/i1Bswd52tRo



Ademáis, neste último día tamén desfrutamos dun rico chocolate con rosca, que algúns paIs e nais da ANPA prepararon para todos nós.
Moitas gracias familias!















luns, 17 de decembro de 2018

Os leóns brancos



A semana pasada a nosa compañeira Gema trouxo a clase un traballo feito por ela e a súa familia, sobre unha especie de leóns, que non coñecíamos, e que nos pareceu fascinante, OS LEÓNS BRANCOS.
Así, averiguamos que están en perigo de extinción e que viven en cautividade pois debido á súa cor, non teñen forma de camuflarse para cazar.






E nós, por suposto, en seguida o anotamos no noso mural.




Ademáis, prepararon un video moi chulo, con moitas imáxenes e explicacións, para complementar o seu traballo.





Aquí volo deixamos por si vos apetece velo.




Moitas gracias Gema e familia!!





sábado, 15 de decembro de 2018

Despedindo o outono



Este venres fixemos unha actividade para ir despedindo o outono.
A través dunha estructura cooperativa, a do "folio xiratorio", pero sin folio nin lápices, creamos entre todos os membros de cada equipo unha paisaxe de outono, con diferentes materiais da aula, desde pezas de construccións, animais, elementos da natureza e materiais de refugallo como tapóns.








Cada compoñente do equipo debía colocar 2 ou 3 cousas de cada vez para ir formando a paisaxe.





 Cada vez que un compañeiro intervía, os demáis esperaban sentados e a verdade é que a pesar dos momentos de espera, ningún equipo quería rematar a actividade cando se acababa o tempo.




O rematar fixemos unha fotografía de cada paisaxe, e recollimos todo o material para que o seguinte equipo puidese facer a súa.





A próxima semana veremos na pizarra as catro paisaxes e falaremos en torno a elas.



Esta actividade a fixemos nos recantos, rotando. Mentres un equipo participaba nisto, outro estaba no recanto de ordenador, outro cos animais e outro confeccionando unha postal navideña.


Cando remataba o tempo establecido, soaba unha campá e debíamos pasar ó seguinte recanto.

Hai unhas semanas tamén tentamos crear unha paisaxe outonal, pero nesta ocasión non había estructura cooperativa e o resultado moi moooi diferente e bastante máis caótica.
 Que importante organizarse ben!


Ademáis neste trimestre, en torno ó outono fixemos outras actividades, como  vocabulario e poesía nova que todos sabemos recitar moi moi ben. Moitos días xogamos a recitala en parellas, é moi divertido. 
Algúns compañeiros trouxeron elementos da natureza como follas, castañas, landras, paos, ourizos....



e o clasificamos para telo máis organizado.


O incorporamos  a momentos de xogo na zona de construccións.


Pintamos follas con témpera



que logo pegamos nun mural do outono


aproveitando o mural que fixeramos con pompas de cores.

Prantamos landras, contamos contos e vimos videos relacionados co outono.





Creamos debuxos de paisaxes de outono, seguindo unha consigna con pictogramas, nas que nos marcaba, qué cantidade de cousas debíamos debuxar de cada: caracois, nubes, árbores, paxaros.... e a choiva.
E a pesar de ser unha consigna igual para todos, é incrible o diferentes que resultaron as representacións de cada un.





Ó rematar cada un  lle  puxemos  un  título  ó seu debuxo.





Agora, a ver  que de experiencias nos agardan coa chegada do inverno!!



















mércores, 12 de decembro de 2018

Algúns momentos da xornada- Convivindo, xogando, aprendendo.




Cada día son moitas cousas as que facemos: rutinas para situarnos no día, especialidades, momentos de recollida, merenda, conto, bailes, asembleas, actividades máis ou menos dirixidas, e momentos  de concentración e traballo....









 

Momentos de lectura tranquila.


 












Momentos nos que compartimos vivencias cos demáis. Por exemplo, Alejandro, que nos agasallou con chocolatinas e golosinas, polo bautizo da súa irmá.
Ou os compañeiros que marcharon uns días fóra e nos contaron as súas vacacións.



 


E momentos de xogo e lecer, que tamén nos ensinan!
Ahí van algunhas fotografías máis!!



























ENTRADAS