luns, 25 de febreiro de 2019

AINHOA de maior quere ser....




AINHOA foi a seguinte compañeira en completar o Libro Viaxeiro e contarnos que lle gustaría ser de maior.


A ela gustaríalle ser PERRUQUEIRA.

Encántalle xogar coas súas bonecas a peitealas e maquillalas e a súa familia está encantada de que algún día estudie para esta profesión, pois así xa non terán que sair de casa para estar  super guapos tódolos  días!!


Debuxamos a Ainhoa coa súa coleta e compretamos o seu acróstico desta maneira:




domingo, 24 de febreiro de 2019

Actividade cooperativa-liña recta e curva









Hai semanas levamos a cabo unha actividade cooperativa seguindo a estructura do "folio xiratorio", que consistía en ir trazando de un en un unha liña curva ou recta, e había que trazala no lugar no que rematou o compañeiro anterior, para así ir creando unha composición, que ben podía dar como  resultado algo realista e figurativo ou  algo abstracto e non figurativo.











Cando rematamos a nosa composición, a observamos e pensamos nun título para ela. Aquí houbo que debatir un rato,xa que menos nunha composición que era moi moi realista, no abstracto cada quen veía unha cousa diferente.



Éstes foron os títulos decididos:


-AUTOBÚS MÁGICO
-EL BARCO 2
-PIEDRAS
-COCHE FANTÁSTICO



Por último fomos fotocopiar a obra común para que cada un individualmente a decorara como quixera.







E así quedaron as composicións, a cooperativa e as individuais.







E a continuación,  un pequeno video do momento da actividade, que se fixo en dúas sesións diferentes, nos momentos nos que desdobramos o grupo, e así dous equipos un día e os outros dous outro.













venres, 22 de febreiro de 2019

Cumpreanos de Alejandro e Iria



O pasado martes, 19, Iria e Alejandro celebraron o seu cumpreanos con todos, xa que os dous cumpren anos no mesmo día.


Os dous sopraron a candea do 6










 Eles compartiron con nós uns ricos bizcoitos e zumes.





FELICIDADES RAPACES!!!


xoves, 21 de febreiro de 2019

Participamos no obradoiro "Verbateca"



Onte, mércores, participamos nun obradoiro moi moi entretido e tamén moi didáctico.

Nel, dúas piratas chamadas MALAPATA e MALAPETA fixeron moitos xogos nos que se trataba de acadar tesouros.

Xogos para coñecer os nomes das cores, animais, partes do corpo.... froitas....en galego.
A través de adiviñas, a expresión corporal e mesmo algún xogo de mesa, desfrutamos e aprendimos un montón.







E os tesouros eran verbas en galego

Cada vez que se superaba unha proba das propostas, se conseguía unha verba que se ía metendo no cofre.


Ó rematar, nos agasallaron cun cofre no que había unha desas verbas, para que na casa o sigamos enchendo de máis e máis verbas en galego!


Encantounos a actividade e ata saímos no xornal!!



Para ver máis fotos premede na seguinte imaxe.

https://photos.app.goo.gl/W7tkbrWLpsjopvU77



mércores, 20 de febreiro de 2019

Cumpreanos de Eva




O sábado 16 foi o aniversario de Eva e o luns celebrouno con nós, cunha rica tarta e soprando as candeas, como sempre facemos.ç










Eva xa ten 6 aniños!!!!




luns, 18 de febreiro de 2019

Continuamos cos CELTAS





Como vos contamos, demos comezo ó proxecto sobre os CELTAS.

Volvimos ó corredoiro para ver o panel-puzzle xa finalizado con todas as pezas completas, cada unha con referencias a unha CIVILIZACIÓN.



Alí estaba a nosa.



Na parede de enfrente, no enorme mapa mundi que xa levaba un tempo nese lugar, puidemos decatarnos de que había colocadas unhas tarxetas con fotos ou imaxes que algunhas nos resultaban coñecidas.


Fomos emparellando cada tarxeta coa civilización que tiñamos no outro lado e coa nosa en seguida nos decatamos de que era a tarxeta igual que a casiña de pedra e palla que trouxera o noso compañeiro Alejandro  días antes.


unha réplica dunha casa celta.



Xa de volta na aula, deixamos reflexado no noso mural do proxecto aquelas cousas que sabíamos sobre os celtas, e que ó longo desa semana se foi ampliando, e tamén o que queríamos saber:



E como o primeiro que tivemos nas mans foron eses símbolos tan curiosos, por equipos, e equipados cun ipad, buscamos en google o significado dos nosos, os que levaramos a casa para preguntar. 






Había que turnarse para desenvolver as diferentes tarefas ata chegar ó noso obxectivo:
escribir en google para atopalos, ler o seu significado (era tanto o que estaba escrito de cada símbolo que aquí nos axudou Ángela para seleccionar o que realmente nos interesaba a nós), anotar o significado nun papel, pegar símbolo e significado no mural.. E cada equipo utilizou a súa estratexia: uns facían todos todo turnándose de cada vez, noutro cada quen se ocupaba do que lle gustaba máis ou se lle daba mellor; noutro o coordinador decidía e os demáis se deixaban levar polas súas indicacións....pero dunha maneira ou doutra todos participamos.









E éstes son os símbolos que conseguimos atopar nunha sesión e no tempo marcado.







sábado, 16 de febreiro de 2019

Cumpreanos de Mauro




O pasado xoves 14, coincidindo co día de San Valentín, o noso compañeiro Mauro celebrou o seu aniversario.






Despois de cantarlle e soprar a candea do 6 Mauro repartiu tarta entre os compañeiros e compartiu con nós un pequeno picoteo de gusaniños, patacas fritas....





FELICIDADES MAURO!!!!



ENTRADAS